Como reduce SplitEase o número de pagamentos?
Nun grupo con moito movemento, as débedas poden acabar formando círculos. SplitEase pode calcular o menor número de pagamentos que deixa todos os saldos a cero.
Pasos
- Abre o grupo e toca Liquidar contas (Settle up).
- Cambia de Por persoa (Per person) a Optimizado (Optimized).
- Fai os pagamentos da lista e rexistra cada un.
Por persoa (Per person) mostra o que lle debes directamente a cada persoa. As dúas vistas liquidan o mesmo total.
A app SplitEase aínda non está dispoñible en galego. Os nomes dos botóns entre corchetes son os que verás na pantalla, en inglés.