Como liquido contas con alguén?

SplitEase leva a conta de quen lle debe a quen, pero non xestiona pagamentos. Págalle á outra persoa como o fagas normalmente e despois rexístrao na app para que se actualicen os saldos de ambos.

Pasos

  1. Abre o grupo e toca Liquidar contas (Settle up).
  2. Se lle pagaches a alguén, toca Rexistrar pagamento (Record payment) xunto ao seu nome, comproba o importe e confirma. Podes rexistrar só unha parte do que debes.
  3. Se alguén che pagou, toca Marcar como recibido (Mark as received) xunto ao seu nome e confirma.

Para ver pagamentos anteriores, toca Historial (History) na mesma pantalla.

A app SplitEase aínda non está dispoñible en galego. Os nomes dos botóns entre corchetes son os que verás na pantalla, en inglés.

Preguntas relacionadas

Aínda necesitas axuda?

Escríbenos e unha persoa do equipo de SplitEase responderache.

Contactar co soporte
Idioma: Galego