Como lle lembro a alguén que me devolva o diñeiro?
Se alguén do grupo che debe diñeiro, SplitEase pode enviarlle un recordatorio por ti.
Pasos
- Abre o grupo e toca Liquidar contas (Settle up).
- Busca a persoa que che debe e toca Lembrar (Remind).
Cando che pague, toca Marcar como recibido (Mark as received) para que o saldo quede a cero.
A app SplitEase aínda non está dispoñible en galego. Os nomes dos botóns entre corchetes son os que verás na pantalla, en inglés.