SplitEase+

Como engado un gasto por voz?

Os gastos por voz permítenche describir un gasto en voz alta en vez de escribilo. Forma parte de SplitEase+.

Pasos

  1. Toca o botón + e despois Voz (Voice).
  2. Toca o micrófono e di, en inglés, o importe, o concepto e como repartilo, por exemplo: «Dinner, 1200, split equally».
  3. Comproba o que encheu SplitEase e toca Revisar reparto e gardar (Review split and save).
  4. Fai os cambios necesarios e toca Gardar (Save).

As gravacións detéñense aos 30 segundos. Polo de agora, os gastos por voz só entenden inglés.

Necesitas polo menos un grupo para poder engadir un gasto por voz.

A app SplitEase aínda non está dispoñible en galego. Os nomes dos botóns entre corchetes son os que verás na pantalla, en inglés.

Preguntas relacionadas

Aínda necesitas axuda?

Escríbenos e unha persoa do equipo de SplitEase responderache.

Contactar co soporte
Idioma: Galego