Como escaneo un recibo para engadir un gasto?
O escaneo de recibos le o total e os detalles dunha conta para que non teñas que escribilos. Forma parte de SplitEase+.
Pasos
- Toca o botón + e despois Escanear (Scan).
- Fai unha foto da conta completa, ou escolle Galería (Library) ou PDF para usar un ficheiro que xa teñas.
- Comproba os datos que atopou SplitEase e toca Usar (Use).
- Revisa quen pagou e como se reparte, e toca Gardar (Save).
A imaxe súbese a SplitEase para lela. Consulta a nosa Política de privacidade para saber como se trata.
O escaneo pode cometer erros. Comproba sempre o importe antes de gardar.
A app SplitEase aínda non está dispoñible en galego. Os nomes dos botóns entre corchetes son os que verás na pantalla, en inglés.