SplitEase+

Como exporto os gastos dun grupo?

Podes sacar os gastos dun grupo de SplitEase nun ficheiro para os teus rexistros ou para compartilo. Forma parte de SplitEase+.

Pasos

  1. Abre o grupo e despois Axustes do grupo (Group settings).
  2. Toca Exportar rexistro (Export ledger).
  3. Escolle PDF, CSV ou Excel. Activa ou desactiva Incluír liquidacións (Include settlements).
  4. Toca Exportar (Export), agarda a que se xere o ficheiro e despois gárdao ou compárteo.

O ficheiro só se pode descargar unha vez. Gárdao ou envíao antes de pechar a pantalla.

A app SplitEase aínda non está dispoñible en galego. Os nomes dos botóns entre corchetes son os que verás na pantalla, en inglés.

Preguntas relacionadas

Aínda necesitas axuda?

Escríbenos e unha persoa do equipo de SplitEase responderache.

Contactar co soporte
Idioma: Galego