Como edito ou elimino un gasto?
Podes corrixir un gasto despois de gardalo. Todas as persoas do grupo verán os saldos actualizados.
Pasos
- Abre o grupo e toca o gasto.
- Para cambialo, toca Editar (Edit), fai os cambios e toca Gardar (Save).
- Para quitalo, toca o botón ⋯, despois Eliminar (Delete), e confirma.
Eliminar un gasto non se pode desfacer.
A app SplitEase aínda non está dispoñible en galego. Os nomes dos botóns entre corchetes son os que verás na pantalla, en inglés.