Como elimino a miña conta de SplitEase?

Podes eliminar a túa conta desde a app en calquera momento. Antes, liquida os teus saldos coas demais persoas.

Pasos

  1. Vai a Perfil (Profile) e toca Conta (Account).
  2. Toca Eliminar conta (Delete Account).
  3. Le a mensaxe e toca Si, eliminar a miña conta (Yes, delete my account).

Eliminar a túa conta non se pode desfacer.

Xa non podes iniciar sesión? Aínda así podes pedirnos que a eliminemos. Na nosa páxina Eliminar a túa conta explicámosche como facelo e que pasa cos teus datos.

A app SplitEase aínda non está dispoñible en galego. Os nomes dos botóns entre corchetes son os que verás na pantalla, en inglés.

Preguntas relacionadas

Aínda necesitas axuda?

Escríbenos e unha persoa do equipo de SplitEase responderache.

Contactar co soporte
Idioma: Galego